Lousame mellora o acceso á aldea de Servia

0

Lousame, 25 de febreiro do 2019 –  O Concello de Lousame vén de iniciar os traballos de mellora do camiño entre complexo medioambiental de tratamento de residuos de Lousame á aldea de Servia, parroquia de Vilacoba, uns traballos nos que inviste 96.010,69 euros.

As obras de Servia contaban cun prazo inicial de execución de seis meses, se ben a firma adxudicataria comprometeuse a finalizalas en 90 días. Os traballos  terán lugar ao longo dos 2,3 quilómetros desta estrada, de 6 metros de ancho, onde según a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde “imos reparar as fochancas que presenta e a perfilar con grava e tratamento asfáltico os seus bordes, antes de botarlle unha capa de cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a calzada que mellorará a seguridade viaria dos veciños e veciñas que utilizan esta vía. Foi un compromiso desta alcaldesa, pois se trata dunha pista que estaba moi deteriorada, polo que é unha satisfacción que se poida facer canto antes”. As obras incluirán tamén a limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe da zona así como o pintado da sinalización horizontal.

Esta actuación súmase ás obras de saneamento realizadas a finais do ano pasado que permitiron dotar a esta aldea de novos colectores de augas residuais e pluviais, co obxecto de conseguir que a maior parte das vivendas poidan verter as súas augas fecais a unha rede de saneamento separativo para o seu posterior tratamento. Un tratamento para o que está contemplada a construción dunha estación depuradora de augas residuais nunha parcela próxima ao río Vilacoba, dimensionada para o total da poboación da localidade, e que “xa recollemos nos orzamentos de 2019 porque pretendemos acometela este ano”, puntualiza Villaverde Pais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial