Lousame mellora o camiño entre Cruído e Seoane

0

Lousame, 25 de xaneiro do 2019 – O Concello de Lousame está a investir un total de 57.948,5 euros na mellora dun camiño entre as aldeas de Cruído e Seoane, na parroquia de Lousame.

Uns traballos que foron iniciados esta mesma semana por Marconsa, empresa adxudicataria e que están incluídos no Plan Complementario do POS+2017 cun un prazo máximo de execución de seis meses. O camiño entre Cruído e Seoane ten unha lonxitude de 1,5 quilómetros e un ancho de 5 metros, así como 175 m2 de sobreanchos. Os traballos permitirán mellorar a capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Por último, limparanse as gavias e salvagavias para a correcta drenaxe da zona e colocarase sinalización horizontal, co pintado de liñas nos bordes da pista. Este camiño entre as aldeas de Cruído e Seoane é moi utilizado pola veciñanza, xa que é unha das principais vías de acceso á igrexa de San Xoán de Lousame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial