Lousame acomete melloras en Merelle e Vilacoba

0

Lousame, 8 de agosto do 2018 –  A brigada de obras do Concello de Lousame aproveita estes meses para acometer actuacións de mantemento en diversas parroquias e estes días remata os traballos na de Merelle.

Os arransos fixeron necesario cortar un dos carrís da estrada que une Noia con Boiro á altura de Merelle, na parroquia de Tállara. Os traballos continuarán nos próximos días e, a maiores, levaranse a cabo nun área próxima desta mesma aldea na que tamén se detectaron desperfectos na rede.

Roteiro de Vilacoba

O Concello de Lousame tamén acomete tarefas de limpeza e arranxos na ruta de sendeirismo do Río Vilacoba ao paso do percorrido pola aldea de Lesende.  Os traballos consistiron no desbroce baixo o sobreiral e realizouse tamén un reforzo das medidas de seguridade no acceso á zona de merendeiro. A maiores incorporáronse uns chanzos de madeira para facilitar a baixada dos visitantes e evitar, deste xeito, posibles caídas.

Por outra banda, no lugar de Abelendo realizáronse traballos de reparación da fonte e do lavadoiro desta aldea e aproveitouse tamén para acometer arranxos nun dos camiños.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies