San Finx en Lousame, de canteira a muiño

0

Lousame, 29 de xullo do 2020 – Un informe da Dirección Xeral de Minas asegura que unha das presas de residuos das minas de San Finx en Lousame servía para mover un pequeno muiño que daba servizo a veciñanza.

A rede ContraMINAcción considera  “esperpéntico e demostrativo da corrupción” que se intente vincular unha presa de 14 metros de altura e 50 de cumprimento, e que pecha un val fluvial cun dique de contención, cun pequeno muiño. O informe sobre a mina de Lousame foi emitido por unha funcionaria do departamento que dirixe Ángel Bernardo Tahoces, imputado por deixar estas presas fóra do proxecto de restauración aprobado en 2009 sen trámite ambiental.

As presas figuran como instalacións de residuos mineiros tanto nos plans anuais de labores presentados pola mina ata o ano 2000 como no “Inventario de Balsas e Escombreiras da Comunidade Autónoma de Galicia”.

San Finx en Lousame, de canteira a muiñoO informe no que se vincula a presa maior de residuos e o pequeno muíño de millo foi encargado por “orde verbal” do Xefe Territorial da Consellería de Industria na Coruña, Isidoro Martínez Arca, co propósito de remitilo a Augas de Galicia, que xa determinara o ano pasado que se trataba de presas de residuos mineiros e pretendía obrigar á empresa ao seu desmantelamento e restauración da zona.

Os colectivos integrados en ContraMINAccion indican que é sobradamente coñecido que o maior dos depósitos mineiros fora construído en 1939 e que protagonizou o chamado “Desastre de 1960” trás a rotura das súas comportas (como recolle o documental “San Finx 1960”).

Nun informe de 2017, Augas de Galicia afirmaba que no caso dunha eventual rotura desta presa de maiores dimensións “o arrastre dos materiais podería producir un importante impacto ambiental” mentres que nunha visita de inspección realizada en 2019 polo hidrólogo especialista en presas mineiras Steven H. Emerman concluiuse que a mesma presa presentaba signos evidentes de licuefacción interna o que levaría más cedo ou máis tarde á súa falla crítica, co impacto que iso causaría sobre a ría de Muros e Noia e o LIC Esteiro do Tambre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial