Lousame acolle unha mostra do XIII Premio Castelao de Banda Deseñada

0

Lousame, 6 de xullo do 2018 –  A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o vindeiro 13 de xullo a exposición “O Corpo de Cristo”, da coruñesa Beatriz Lema Rivera, gañadora do XIII Premio Castelao de Banda Deseñada, convocado pola Deputación da Coruña no ano 2017.

Obra gñadora do Premio CastelaoA mostra do Premio Castelao está composta por vinte paneis a través dos cales a autora amosa a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos, así como a súa sensibilidade para contar patoloxías mentais dende un punto de vista infantil.

Beatriz Lema, formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, é a primeira muller que gaña este premio. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións municipal de Lousame ata o vindeiro venres 13 de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies