Lousame e Cruz Vermella organizan sete obradoiros de decoración de Nadal

0

Lousame, 5 de decembro do 2017 – O Concello de Lousame e Cruz Vermella colaboran na organización de sete obradoiros gratuítos de decoración de Nadal para adultos.

Estes obradoiros de decoración impartiránse ao longo da próxima semana nos distintos locais sociais das parroquias. Uns obradoiros abertos á participación de toda a veciñanza de Lousame e que serán totalmente de balde, previa inscrición no Concello (981 820 494).

Os obradoiros de decoración terán lugar os días 12, 13 e 15 de decembro e serán impartidos por persoal da Cruz Vermella. O martes 12 de decembro as sesións terán lugar nos locais sociais do Sanguiñal (10:00 horas), Vilacova (10:15 h) e Lesende (11:30 h). O mércores 13 os talleres levaranse a cabo nos locais sociais de Camboño e Escabia, en ambos casos ás 10:30 horas. Os últimos obradoiros terán lugar o venres 15 de decembro, ás 10:00 horas, nos locais sociais de Aldeagrande e Cruído.

Os obradoiros incluirán a realización de diversas manualidades, tales como postais ou bolsas decorativas. Unha iniciativa enmarcada dentro da colaboración do Concello de Lousame e a Cruz Vermella, que ao longo do ano se traduce en actividades a prol do envellecemento activo da veciñanza co obxectivo do seu beneficio físico e psíquico. 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies