Lousame pon en marcha os seus Obradoiros de Memoria

0

Lousame, 13 de outubro do 2017 – O Concello de Lousame pon en marcha por decimoquinto ano consecutivo os seus Obradoiros da Memoria, unha iniciativa gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños maiores do municipio.

Os obradoiros de memoria serven para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Uns obradoiros que están incluídos no Programa de Dinamización de Persoas Maiores, subvencionado pola Deputación da Coruña.

Os Obradoiros da Memoria de Lousame están abertos a todos os veciños maiores de 60 anos. As actividades, que comezan o próximo martes 17 de outubro, levaranse a cabo todas as semanas entre outubro e xuño nos distintos locais sociais das parroquias lousamiás. A inscrición é totalmente de balde e está aberta durante todo o curso, polo que calquera alumno ou alumna que desexe participar só ten que poñerse en contacto cos Servizos Sociais de Lousame ou chamar ao 981 820 494.

Horarios

Os Obradoiros da Memoria impartiranse nos locais sociais das distintas parroquias, salvo en Tállara onde terán lugar na escola do Sanguiñal. As sesións de presentación terán lugar o martes 17 de outubro en  Sanguiñal (10:00 horas), Vilacoba (10:15 horas) e Lesende (11:30 horas); o mércores 17 de outubro na Escabia (10:30 horas) e Camboño (10.30 horas); e o venres 20 de outubro en Aldeagrande (10:00 horas) e Cruído (10:00 horas).

Impartidos por persoal dos Servizos Sociais de Lousame, o obxectivo destes obradoiros é “mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, exercitando a súa memoria para previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo, ao tempo que promovemos a xuntanza de veciños e veciñas para lembrar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies