Lousame saca a licitación as obras de mellora dos camiños Seoane-Cerquides e Silvarredonda-Froxán

0

Lousame, 15 de marzo do 2017 –  O Concello de Lousame vén de sacar a licitación as obras de arranxo do camiño entre Seoane e Cerquides, así como a mellora do camiño entre Silvarredonda e Froxán e os accesos a Fontefría.

Estes dous proxectos recibirán un investimento total de 151.715 euros (IVE incluído) e que se poderán licitar nas próximas semanas grazas á aprobación dun expediente de modificación de crédito na sesión plenaria do pasado 24 de febreiro, xa que se trata de obras financiadas ao abeiro do Plan de Aforro e Investimento da Deputación (PAI 2016).

No caso do camiño entre Seoane-Cequides, Lousame, preténdese mellorar a capa de rodaxe, de 2.575 metros de lonxitude e 4 metros de ancho, cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e previa ampliación do ancho da calzada nun metro. “Trátase dun camiño que, polas raíces das árbores, está moi deteriorado, con moitos altos e baixos”, explica a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. As obras, que teñen un prazo de execución de seis meses, están orzamentadas en 78.557 euros. Ademais contemplan a apertura de gabias, a limpeza de salvagabias para a súa drenaxe correcta e a mellora da seguridade viaria coa colocación dun sinal de STOP.

O segundo proxecto sae a licitación por un importe de 73.158 euros e inclúe a mellora do camiño entre Silvarredonda e Froxán, así como os accesos a Fontefría. No caso do camiño entre Silvarredonda e Froxán, os traballos inclúen a apertura de gabias e a mellora da súa capa de rodadura cun tratamento semiprofundo e selado. Así mesmo, o proxecto inclúe a mellora dos accesos a Fontefría, no límite con Rois. Neste punto, Teresa Villaverde indica que “xa se realizaron varias actuacións nesta zona pero agora vaise actuar dende a ponte ata a estrada Santiago-Noia. Neste caso, a actuación realizarase con zahorra e cun selado con area”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial