Lousame presentou a oferta de cursos da UNED sénior

0

Lousame, 7 de outubro do 2017 –  Música, lanoterapia e bailes terapéuticos centran a oferta do primeiro cuadrimestre da UNED Sénior de Lousame, que foi presentada no salón de plenos do Concello.

A UNED senior foi presentada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; a directora de Maisdetres e coordinadora dos distintos cursos, Carmen Freire, e o profesor de música, Fernando Docampo.

A rexedora amosouse moi satisfeita por “contar, por terceiro ano consecutivo, cos cursos da UNED Senior” ao tempo que agarda “que se poida expandir ao resto dos municipios da ría de Muros e Noia”. Teresa Villaverde asegurou que as actividades propostas dende a Aula UNED Senior son “moi interesantes e enriquecedoras e permiten o intercambio de experiencias entre os seus participantes”. Ademais, incidiu en que este tipo de formación fomenta, ao mesmo tempo, “a posta en marcha doutro tipo de iniciativas relacionadas co emprendemento e vinculadas ao sector primario dentro do noso municipio”.

No tocante á oferta formativa para este ano académico 2017/2018, Carmen Freire indicou que se impartirán, neste primeiro cuadrimestre, un total de tres cursos: Música lousamiá, Lanoterapia e Bailes Terapéuticos. “A matrícula estará aberta até o día 20 de outubro, polo que todos os interesados poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información nas oficinas do Concello ou ben poñéndose en contacto comigo a través do teléfono 686 783 800”, explicou.

Na actualidade, a UNED Sensor de Lousame conta con 47 matriculados. O prezo é de 50 € por asignatura e cuadrimestre.

As clases da UNED Sénior de Lousame comezarán o día 16 de outubro e desenvolveranse nas instalacións do local social de Cabanetán. Sobre os horarios, falou o profesor Fernando Docampo, quen indicou que as sesións do curso de Bailes Terapéuticos, que imparte Silvia Vázquez, terán lugar todos os luns entre as 17.00 e as 19.00 horas.

A continuación, tocaralle a quenda aos alumnos de Música Lousamiá. “Puxemos estas clases xusto despois de baile, xa que ambas disciplinas se atopan moi vinculadas”, indicou Docampo, quen adiantou que o curso de música que imparte serve para “compartir saberes, transmitir novos coñecementos musicais e recuperar antigas tradicións e cantos”.

Finalmente, o curso de Lanoterapia desenvolverase os venres entre as 16.00 e as 18.00 horas. As clases neste primeiro cuadrimestre estenderanse dende o 16 de outubro até xaneiro. Para o segundo cuadrimestre está previsto unha ampliación da oferta formativa.

A alcaldesa de Lousame animou a todos os veciños, e non só aos maiores de 50 anos, a participaren nas distintas actividades propostas pola Aula UNED Senior, xa que promoven “a formación, a cohesión e o desenvolvemento local”. Ademais, adiantou que xa se están a facer contactos cos concellos veciños para espallar a oferta da UNED en toda a comarca.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies