Lousame organiza un curso para o manexo do móbil para persoas maiores

0

Lousame, 2 de febreiro do 2019 – O Concello de Lousame retoma a celebración de cursos gratuítos para que os maiores do municipio aprendan a sacarlle todo o partido aos seus teléfonos e dispositivos móbiles.

Os obradoiros de manexo de móbiles terán lugar na Casa da Cultura lousamiá cunha duración dunha hora semanal. A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que “con estes cursos buscamos proporcionarlles ás persoas maiores de Lousame os coñecementos suficientes para un eficaz uso dos seus dispositivos, que saiban conectarse a unha rede Wifi, que aprendan a facer e enviar fotos, que saiban usar o WhatsApp ou consultar as Redes Sociais ou o seu correo e tamén descargar aplicacións prácticas como para pedir cita médica, ler a prensa ou escoitar a radio no móbil…”.

Os cursos están abertos á participación de toda a veciñanza de Lousame e serán totalmente de balde, previa inscrición nos Servizos Sociais do Concello (981 820 494) ou por WhatsApp no 689 126 385. Deste xeito, o Concello de Lousame dá continuidade aos cursos realizados en xuño, nesa ocasión en colaboración coa Cruz Vermella de Noia. No novo curso poderán participar persoas que xa o fixeran en anteriores edicións, se ben terán preferenza as novas inscricións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial