Lousame organiza unha charla informativa sobre o testamento dixital

0

Lousame, 20 de febreiro do 2019 – O Concello de Lousame organiza unha charla informativa sobre o testamento dixital, que terá lugar este venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura. A charla, de acceso libre e de balde, será impartida por Esteban Ares, socio da firma AG Legal Abogados.

A sesión sobre o testamento dixital terá unha duración aproximada dunha hora, tempo no que Esteban Ares buscará “facer pensar a todos sobre a necesidade de decidir que queremos que se faga co noso patrimonio dixital. Todos sabemos que hai que decidir a quen queremos deixar os nosos bens inmobles, pero non somos conscientes do patrimonio dixital que estamos acumulando e temos que decidir que queremos facer con el”.

Ares ofrecerá “unha serie de casos prácticos cos que traballamos en AG Legal Abogados e que presentaremos de xeito anónimo para que a xente vexa as situacións reais coas que nos atopamos e se dean conta da necesidade de deixar todo ben atado”. Neste sentido, Esteban Ares explica que o testamento dixital “non é un testamento online, é regular no testamento de toda a vida as posesións dixitais. Non só estamos falando de cousas como Redes Sociais, WhatsApp ou a conta de correo electrónico, tamén falamos de que facer cos nosos contrasinais na Banca Electrónica, sobre todo nos casos desas entidades que non teñen sede física. Se unha persoa morre e ninguén ten eses contrasinais, o lío é considerable porque a persoa que herda non ten unha sucursal á que acudir”.

En definitiva, o obxectivo da sesión é “que a xente vexa que todo se pode deixar planificado, cada vez temos máis posesións dixitais e é importante que cadaquén decida o que facer con elas”, apunta o letrado de AG Legal Abogados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial