Lousame remata o parque infantil do CPI Cernadas de Castro

0

Lousame, 6 de novembro do 2017 – O Concello de Lousame vén de rematar as obras de construción dun parque público infantil no CPI Cernadas de Castro (A Silva), no que investiu un total de 63.000 euros.

A concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, visitou as novas instalacións do Cernadas de Castro construídas grazas a unha subvención de 40.000 euros da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e que contaron cunha achega de 22.000 euros de fondos propios do Concello de Lousame.

O novo parque infantil, emprazado canda o areeiro do colexio, conta cun chan de caucho compacto de cores e está equipado con cinco xogos, entre os que destaca un deles que está formado por catro torres con dous tobogáns, tres pasarelas de equilibrio diferentes, rocódromo e barra de bombeiros. Tamén se instalaron dous xogos de resorte para nenos menores de 12 anos, un columpio de cesto (equipado cun asento berce para os máis pequenos) e un columpio mixto cun asento plano de caucho e outro asento berce. O chan instalado é moito máis duradeiro, limpo, hixiénico e seguro para os nenos e nenas que o actual de area. Ademais, conta cun valado perimetral de seguridade en cores.

A concelleira de Ensino salienta que “nos últimos anos levamos investidos máis de 140.000 euros na mellora e acondicionamento de cinco parques infantís como son os de Portobravo, Escabia, Béxeres, Tállara e agora en Cruído porque o noso obxectivo é que en cada parroquia haxa un parque infantil en boas condicións”. Sen embargo, Silvia Agrafojo destaca especialmente as actuacións levadas a cabo no Punto de Atención á Infancia de Tállara e no CPI Cernadas de Castro “xa que son os dous puntos onde se concentran máis nenos e nenas, polo que sabemos que van desfrutar moito destas novas instalacións”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies