Lousame dedicará o POS+ a substituír as galerías da casa consistorial

0

Lousame, e 10 de setembro do 2019 –  Lousame celebrou unha sesión plenaria extraordinaria na que aprobouse dedicar os cartos do POS+ a cambiar as galerías da casa do concello.

O pleno tivo catro puntos dos que 3 foron aprobados por unanimidade. A solicitude de destino dos cartos sobrantes do Plan de Obras e Servizos da Deputación para o suministro das novas galerías fo o primeiro deles.

Este proxecto conta cun orzamento de 20.715 euros e se agarda cubrir coa achega da Deputación pero, en caso contrario, a diferenza sería asumida polo Concello de Lousame con fondos propios. A alcaldesa, Teresa Villaverde, explicou que “as galerías están moi vellas e por elas pérdese calefacción e entra auga, o que fai apodrecer a madeira”.

A unanimidade mantívose tamén á hora de aprobar os Festivos Locais para 2020 (luns 10 de agosto, San Lourenzo; e venres 2 de outubro, San Roquiño) e un suplemento de crédito de 2.488 euros, que estaba orzamentado para a compra de arquivadores e que sobrou da compra, polo que se reintegrará ao Remanente de Tesourería.

Lousame galerías da casa do concello.Finalmente, o pleno aprobou o réxime retributivo por incapacidade temporal dos cargos electos con dedicacións exclusiva e parcial, ou licenza por enfermidade, que recibirán un complemento retributivo dende o primeiro día que, sumado á prestación do réxime da Seguridade Social, alcance o 100% da retribución fixas ordinarias dende o mes de inicio. Neste sentido, Villaverde apuntou que este cambio “non afecta a quen lles fala porque estou noutro réxime diferente”.  A medida aprobouse co apoio do PP e do BNG, e coa abstención do PSOE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial