займ срочно

Lousame pon en marcha un programa de acompañamento para a terceira idade

0

Lousame, 16 de marzo do 2021 – O departamento de asuntos sociais de Lousame pon en marcha un programa de acompañamento para persoas da terceira idade.

Son 157 persoas maiores as que viven soas no concello de Lousame, según os datos recollidos pol departamento durante o último ano. Foi esta cifra a que impulsou este servizo que partindo de asuntos sociais conta tamén coa colaboración do de voluntariado.

btr

A nova iniciativa de Lousame consiste en programar unha visita semanal dunha hora de duración dunha persoa voluntaria ao domicilio da persoa maior. O obxectivo é que, co paso do tempo, se estableza un vínculo de confianza entre ambas persoas e sobre todo evitar situacións de illamento social. Durante ese período de tempo, a persoa voluntaria, que previamente recibirá indicacións por parte dun técnico de Voluntariado, deberá facilitar e potenciar a autoestima, mostrar empatía e dar ferramentas e recursos para paliar a soidade.

Na actualidade, búscanse persoas voluntarias que dispoñan dunha hora libre á semana para exercer este voluntariado, para o que non é necesario dispoñer de vehículo. Todas as persoas interesadas en participar no programa de acompañamento pode inscribirse a través do departamento de Servizos Sociais, no número de teléfono 981 820 494.

En caso de que as restricións pola situación sanitaria non permitan asistir aos domicilios, o servizo prestarase a través do teléfono, de xeito que se faga un seguimento das persoas maiores que viven soas.

Durante os meses do confinamento ao longo de 2020, o departamento de Servizos Sociais puxo en marcha esta iniciativa na que se acudiu ao fogar de 10 persoas maiores e se fixo seguimento telefónico doutras 150. A experiencia foi moi positiva, posto que implica dotar dunha rede de apoio a estas persoas que, en moitas ocasións, teñen dificultades para a interacción coa sociedade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies