займ срочно

Lousame prepara o I Trail Nocturno Fervenzas de Tosoxoutos

0

Lousame, 29 de maio do 2019 – O Club Lousame Deporte, en colaboración co Concello de Lousame, organizan a primeira edición do Trail Nocturno de Lousame “Fervenzas de Toxosoutos”, que terá lugar o sábado 29 de xuño.

A proba terá saída e chegada na contorna do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, e nace “co propósito de dar a coñecer a historia, patrimonio e beleza da natureza do concello de Lousame a través do deporte, ao tempo que promovemos a actividade física entre a poboación”, según explica Néstor Romero, presidente do Club Lousame Deporte.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse na web www.emesports.es ata as 23:59 horas do mércores 26 de xuño ou ata completar o cupo de 250 prazas dispoñibles. O prezo da inscrición é de 12 euros e inclúe avituallamentos, seguros da proba e unha cea ao remate da carreira ofrecida pola empresa Kairos, xestora do albergue de Toxosoutos.

Características da proba

A proba, que sairá de San Xusto ás 22:30 horas, consta dun percorrido de 14 km de dificultade media por distintos tipos de terreo, con algunha zona técnica e zonas rápidas. Unha ten un desnivel positivo de 562 metros e un negativo de 556 metros, o que supón un desnivel acumulado de 1.118 metros. Os percorridos estarán sinalizados con citas de baliza e sinais fluorescentes e estarán controlados por persoal de Protección Civil.

Para participar só é preciso ser maior de idade e posuír unha mínima condición física. Así mesmo, será obrigatorio levar unha luz frontal con batería suficiente para completar o percorrido, dispoñer dun calzado axeitado e levar teléfono móbil durante toda a carreira.

O I Trail Nocturno de Lousame “Fervenzas de Toxosoutos” está organizado polo Club Lousame Deporte e conta coa colaboración do Concello de Lousame, Rekord Sport material deportivo, Hoka One One, Kairos the experience company, Lurbel Precision Garment e Galicia es +, xestión de eventos con alma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies