Lousame licita a pavimentación de 5 camiños

0

Lousame. 9 de agosto do 2019 –  O Concello de Lousame vén de sacar a licitación cinco proxectos de pavimentación de viais e camiños do municipio por valor de máis de 315.000 euros.

Todas as actuacións de pavimentación forman parte do Plan POS+2019 e do Plan Complementario POS+2019, financiados pola Deputación provincial da Coruña.

“Con estas obras melloraremos distintas vías de comunicación entre as parroquias do noso municipio, optimizando, deste xeito, a mobilidade da nosa veciñanza”, indica a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde. “A estes traballos cómpre sumar os que se están a acometer en distintos puntos do concello”, concreta a rexedora.

traballos de pavimentación en LousameOs proxectos con maior investimento son as pavimentacións do vial de Camboño ao cruce de Arxellas; dun vial en Ces e de diversos camiños no lugar de Cernande, na parroquia de Tállara. Nos dous primeiros casos aplicarase unha mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente, mentres que no último, aplicarase zahorra e formigón. O orzamento de licitación para estes traballos ascende a preto de 180.000 euros e está incluído dentro do Plan POS+2019.

Tamén en aglomerado quente se acometerá o proxecto de pavimentación do vial da aldea de Servia á estrada comarcal de Padrón a Portobravo. Neste caso, contémplase un investimento de algo máis de 83.000 euros. Esta actuación levarase a cabo en preto dun quilómetro de lonxitude deste camiño que conecta cunha das principais vías de comunicación coa capital municipal.

O último dos proxectos conta cun orzamento duns 53.000 euros e prevé a pavimentación de camiños en Filgueira e de viais en Xestoso. Aplicarase aglomerado en quente de cinco centímetros á capa de rodaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial