Lousame recupera a Cabalgata de Reis polas parroquias

0

Lousame, 3 de xaneiro do 2019 – O Concello de Lousame recupera este ano a tradición de levar a Cabalgata de Reis polas distintas parroquias do municipio, despois de que o mal tempo impedira a súa saída o pasado ano 2018.

A Cabalgata de Reis será o preámbulo ao tradicional Festival de Reis, que terá lugar no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra”.

Despois de varios anos sen celebrarse, o Concello de Lousame recuperou en 2017 a cabalgata polas sete parroquias do municipio. Unha iniciativa que resultou todo un éxito de participación e que foi moi ben acollida pola veciñanza pero que non puido celebrarse o ano pasado debido á choiva.

Este ano a cabalgata volverá a ter lugar na mañá do sábado 5 de xaneiro. Comezará a súa viaxe na pista polideportiva de San Xusto (9:30 horas), dende onde a comitiva se desprazará ás pistas polideportivas de Lesende (10:00 horas) e Vilacoba (10:30 horas). O atrio da Igrexa de Fruíme será o punto de encontro nesta parroquia ás 11:30 horas, mentres que ás 12:00 horas as Súas Maxestades chegarán a Aldeagrande (Lousame). Os dous últimos puntos de encontro serán o campo da festa de San Roquiño (Tállara) e Corral de Abaixo (Camboño), ás 12:30 e 13:30 horas, respectivamente.

Festival de Reis 

Xa pola tarde, entre as 17:00 e as 20:00 horas, o polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” acollerá o Festival de Reis. A Concellería de Cultura ten preparado un amplo programa de actividades que inclúe inchables, rocódromo, circuíto de trikets e a visita dos Reis Magos. Ademais, todos os asistentes poderán participar nunha degustación gratuíta de chocolate con churros.

Para facilitar a asistencia do maior número posible de veciños e veciñas, o Concello de Lousame porá á súa disposición un servizo gratuíto de transporte: haberá 4 autobuses que, a partir das 16:00 horas, comezarán a recoller aos veciños e veciñas polas parroquias nas paradas habituais do colexio. A hora de regreso está prevista para as 20:00 horas.

O Autobús A fará un percorrido por Servia, Comparada, Xestoso, Aldariz, Burzó, Millón, Zaramagoso, Ardeleiros, Escabia, Fruíme, Vilas, Silvarredonda, Minas de San Finx, Gandarela, Ces, Chave, Filgueira e Aldeagrande. O Autobús B sairá de Fontefría e percorrerá Sedofeito, Sabugueiro, San Xusto, Béxeres, Horta, Cairo, Lesende, Mirón, Vilar de Reconco, Vilacova, Cerquides e Castro.

O Autobús C pasará por Vilar de Tállara, Ponte San Francisco, Merelle, Meixonfrío, Barreira, Guiende, Pascual, Igrexa, Cernande, Abeixón, Carantoña, Sanguiñal, Marracín, Maxide, Berrimes, Portobravo e Croído. Finalmente, o Autobús D recollerá aos veciños de Crons, Corral de Abaixo, Soutelo e Arxellas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial