Lousame inicia a reforma da piscina municipal

0

Lousame, 18 de xuño do 2020 – O Concello de Lousame comezou as obras de reforma integral da piscina municipal, adxudicadas por uun importe de 114.5000 euros e un prazo de execución de tres meses.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “estamos falando dunha obra moi necesaria, pois a piscina precisaba dunha importante reforma para mellorar o seu funcionamento e a calidade do servizo que se lle presta á veciñanza”.

Lousame inicia a reforma da piscina municipalUnhas obras que deron comezo este mes de xuño e que estarán rematadas o vindeiro 31 de agosto. “Tiñamos todo preparado para que as obras puideran estar finalizadas neste mes de xuño pero a paralización dos prazos administrativos derivada da declaración do estado de alarma pola pandemia da Covid-19 atrasou todo o procedemento e fixo que as obras deran comezo xusto cando tiñan que estar rematadas”, apunta a alcaldesa.

Os traballos comezaron coa demolición do antigo pavimento e dun muro perimetral, para proceder posteriormente á ampliación da zona de praia. “A actuación permitirá unha reforma integral da piscina municipal, con actuacións non visibles pero moi importantes como a impermeabilización do vaso da piscina para evitar fugas de auga e a reparación das instalacións da sala de máquinas. Despois estará a colocación dun novo pavimento e a realización de arranxos na zona das duchas e na carpintería interior, que nos viñan reclamando os veciños e veciñas de Lousame”, explica Teresa Villaverde.  

O proxecto inclúe o cambio do sumidoiro do vaso por outro novo con rexilla de plástico e a revisión e selado de inxectores do vaso da piscina. Tamén se impermeabilizará o vaso da piscina cunha membrana antiesvarante e instalarase un novo pavimento no exterior. Este novo solo estará feito en soleira de formigón armado sobre encachado de pedra granítica. Finalmente, contémplase a ampliación da zona de praia da piscina en 4 metros, para o que foi preciso o derrubo e reconstrución do muro perimetral da instalación.

Lousame inicia a reforma da piscina municipalNa sala de máquinas está previsto colocar unha nova electrobomba centrífuga, un novo caudalímetro electromagnético, unha nova sonda a nivel e un novo circuíto de tubeiras, válvulas e accesorios precisos para o vaso da instalación. Así mesmo, instalarase unha nova fontanería na sala de bombas, un novo cadro eléctrico e dous novos reguladores do pH e do cloro da auga piscina.

Na parte eléctrica, colocarase unha rede eléctrica de distribución interior da sala de máquinas, substituirase o alumeado da zona de vestiarios e colocarase unha nova instalación de electricidade para o alumeado exterior, con novas luminarias LED. Ademais, deixarase unha canalización en tubería de PVC para unha posterior instalación de paneis solares.

No resto da instalación está previsto actuar sobre a carpintería e as paredes, ás que se lles aplicarán tratamentos protectores (insecticida, funxicida e termicida) e antihumidades, así como dúas mans de pintura. As obras están incluídas no Plan Complementario do Plan Único 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial