Lousame asesorará a veciñanza nas dúbidas sobre á regularización catastral

0

Lousame, 23 de abril do 2017 –  O Concello de Lousame porá persoal especializado a disposición dos veciños que lles resolverán calquera dúbida en relación co proceso de regularización catastral.

Estes especialistas estarán a disposición dos veciños entre o 2 e o 15 de maio, no salón de plenos do Concello. A atención ao público será tanto en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, como de tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

Aínda que non é preciso pedir cita previa para acceder a este servizo especial, dende o Concello facilitarán tamén a posibilidade de solicitala para aquelas familias que, por motivos de traballo ou conciliación familiar, teñan problemas para acudir no horario fixado. Para iso deberán chamar ao Concello de Lousame, 981 820 494).

Esta decisión prodúcese despois de que a Dirección Xeral do Catastro determinase que o procedemento de regularización catastral en Lousame durará ata o 30 de xullo de 2017, canda outros trece municipios da provincia: Abegondo, Arteixo, Camariñas, Cambre, Carballo, Cee, Narón, Negreira, Ordes, Padrón, Pontedeume, Rianxo e Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial