Ruta polo río Vilacoba este domingo en Lousame

0

Lousame, 23 de xuño do 2020 – A Asociación Galicia Senderismo organiza este domingo 28 de xuño unha nova ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba no concello de Lousame.

 

O roteiro de Lousame consiste nun traxecto circular de 21 quilómetros de dificultade media., un percorrido que esta asociación xa ten realizado en varias ocasións durante 2019 e que se repite polo éxito de participación.

Ruta polo río Vilacoba este domingo en LousameA ruta desenvolverase entre as 10:00 e as 18:30 horas do domingo 28. O prezo é de 13 euros e inclúe guía titulada e seguros de responsabilidade civil e de accidentes. O número de prazas está limitado a 30 persoas e as inscricións poden facerse a través de www.galiciasenderismo.com.

Para protexer a saúde de todas as persoas participantes, será preciso seguir unhas medidas especiais pola Covid-19 como acudir co propio equipo de protección persoal (máscara, xel hidroalcohólico), manter as distancias de seguridade, non compartir obxectos e uso obrigatorio de máscara, entre outros.

Percorrido

A expedición sairá ás 10:00 horas da praza do Concello de Lousame, a onde está prevista a volta ás 18:30 horas. No primeiro tramo da ruta, de Brandia a Soutorredondo, seguirán a beira esquerda do río Vilacoba polo medio dun frondoso bosque de ribeira ata chegar á piscifactoría de Soutorredondo.

Ruta polo río Vilacoba este domingo en LousameAo chegar á ponte de Vilacoba, a expedición desviarase cara o monte Colou para desfrutar dunhas excelentes vistas da Ría de Noia-Muros. Dende alí baixarán á aldea de Toxosoutos para comezar o percorrido polo río San Xusto, visitando tanto o mosteiro como as dúas fervenzas. Despois, cruzarán a ponte de madeira que hai detrás do albergue para ver o pombal do mosteiro.

Dende aló, a expedición chegará a unha carballeira da beira do río por onde continuarán ata preto de Cabanetán, dende onde baixarán de novo á beira do río para pasar polo Pozo do Capitán (en Boña), para desfrutar dunha terceira fervenza. Finalmente, os sendeiristas chegarán ata a fábrica de papel das Maceiriñas, dende onde atravesarán o monte de Béxeres para chegar de volta ao río Vilacoba na ponte que hai en fronte da fábrica de Fontán e dende aí camiño de volta a Portobravo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial