A ruta teatralizada “Camiño do mercado” recuperará a danza tradicional O baile do espantallo

0

Lousame, 27 de setembro do 2019 –  O Concello de Lousame e Senda XXI organizan a quinta edición da ruta teatralizada “Camiño do Mercado”, que terá lugar o vindeiro domingo 6 de outubro.

Camiño do mercado discorre ao longo de cinco quilómetros por camiños da parroquia de Tállara. Partirá as dez da maña do polideportivo do Sanguiñal. A novidade de esta edición e a recuperación da danza tradicional O baile do espantallo, un traballo realizado polo grupo O son do pote e que será representado por nenos e nenas.

Aberta a todo o mundo

presentación camiño do mercadoEsta actividade está incluída no proxecto Mocidade en Movemento, que desenvolve o Concello de Lousame coa colaboración da Consellería de Política Social. Neste sentido, o técnico da oficina de información xuvenil de Lousame, José Manuel Outeiral, explica que “a actividade está especialmente dirixida á mocidade entre 14 e 30 anos, pero está aberta á participación da xente en xeral”.

Trátase dunha ruta gratuíta de sendeirismo con teatro e moitas sorpresas para a que é preciso anotarse previamente na Oficina de Información Xuvenil de Lousame: 981 820 494 ou oix@concellodelousame.com.

Presentación

A actividade foi presentada nunha rolda de prensa presidida pola concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, quen destacou que esta iniciativa “busca promover un achegamento entre a nosa mocidade e os nosos maiores, ao tempo que contribuímos a recuperar o patrimonio galego e fomentamos actividades grupais entre mozos e mozas das distintas parroquias de Lousame”.

Un punto no que incidiu Manoli Filgueira, presidenta de Senda XXI, quen destacou que “esta é a terceira edición que organizamos canda o Concello” e que esta ruta “naceu dunha idea para resaltar os nosos costumes e facer unha transferencia de coñecemento entre os máis maiores e os máis pequenos. Proba diso é que nas representacións participarán xente de 7 aos 80 anos”.

O percorrido

A saída terá lugar ás 10:00 horas do domingo 6 de outubro do polideportivo do Sanguiñal, na parroquia de Tállara. “Son 5 km con paradas constantes, a ritmo de paseo, polo que poden participar familias xuntas, avós con netos, e poder así transmitir a nosa cultura viva”, explica Dalia Cao, membro da directiva de senda XXI e que encabezará a ruta, canda o técnico de Deportes de Lousame, Néstor Romero. Na iniciativa participarán Protección Civil de Lousame, voluntarios, integrantes de Senda XXI e máis de sesenta persoas alleas á organización e procedentes de toda a comarca.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial