Lousame saca a licitación a explotación do albergue de Toxosoutos

0

Lousame, 20 de xaneiro do 2018 – O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a convocatoria da licitación pública para a contratación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a licitación do contrato administrativo especial de explotación do albergue de Toxosoutos.

A concesión do albergue de Tosoxoutos será por un período de dous anos, prorrogable por un ano máis, e cun orzamento base de licitación de 2.904 euros (IVE incluído) que “permitirá poñer en valor un dos espazos de maior riqueza paisaxística e patrimonial de Lousame”, explica Teresa Vilaverde, alcaldesa de Lousame.

As persoas físicas ou xurídicas interesadas na adxudicación deste contrato disporán de 30 días naturais, a contar a partir de mañá venres, para presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello de Lousame. A adxudicación realizarase mediante procedemento aberto á oferta máis vantaxosa, se ben haberá tamén varios criterios de adxudicación distintos ao prezo como: relación de recursos humanos dispoñibles, programa de actividades complementarias, proposta de comercialización/tarifas que terían que aboar os usuarios do albergue..

O Concello de Lousame porá a disposición do adxudicatario tres fincas de natureza rústica na parroquia de San Xusto (de 210, 5.024 e 581 m2) e tres bens de natureza urbana: a antiga reitoral, unha edificación anexa e o muíño, que dispoñen de auga, luz e depuración de augas residuais. Unha contorna que está cedida ao Concello de Lousame polo Arcebispado de Santiago de Compostela por un período de 30 anos, en virtude dun convenio asinado o 15 de marzo de 1996 para destinalo a actividades de carácter cultural, social, educativo e turístico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial