Lousame aproba o proxecto de saneamento en Filgueira e Seixido

0

Lousame, 17 de febreiro do 2018 – O Pleno de Lousame aprobou por unanimidade o proxecto de saneamento en Filgueira e Seixido (parroquia de San Xoán de Lousame), así como a axilización do expediente de expropiación da finca que albergará a depuradora.

O pleno municipal celebrou unha sesión extraordinario á que so asistiron os membros do grupo de goberno e o voceiro do Psoe. Todos eles aprobaron por unanimidade o proxecto de saneamento.

O proxecto construtivo para levar o saneamento a Filgueira e Seixido está incluído nun convenio máis amplo asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por un importe de 200.000 euros, xa que tamén contempla o saneamento de Servia, na parroquia de Vilacoba. A alcaldesa explica que “a primeira actuación que temos que facer é dende o Seixido ata a a depuradora, despois os ramais secundarios porque sen a canalización principal e a depuradora non podemos facer o demais. Despois, para chegar a toda a aldea de Filgueira haberá que facer cando menos tres ramificacións”.

Proxecto

O proxecto de saneamento en Filgueira e Seixido é froito dun convenio de colaboración asinado en xullo de 2016 por Augas de Galicia e o Concello de Lousame, que será financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia. Na actualidade, os núcleos de Filgueira e Seixido non dispoñen de rede de saneamento municipal de augas residuais urbanas, polo que os veciños teñen que dispoñer de fosas sépticas propias.

As obras contemplan tres novos tramos de saneamento que conectarán as vivendas da zona coa rede xa existente, discorrendo gran parte do trazado pola estrada DP-4201 e unha pequena parte por un vial de titularidade municipal. Toda a rede de colectores proxéctase en tubería de PVC de 250 e 200 milímetros de diámetro con 26 pozos de rexistro e arquetas de separación de grosos con rejilla manual e arquetas de inspección.

No que atinxe á EDAR, o proxecto propón un sistema compacto de depuración para o tratamento biolóxico das augas domésticas ou asimilables a domésticas. Un tratamento que cumprirá tanto a Lei de Augas como a normativa europea. A EDAR realizará a depuración en dúas etapas: unha primeira de decantación-dixestión en dous compartimentos contiguos e a aplicación dun filtro biolóxico para a depuración da auga.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial