займ срочно

Lousame fai un chamamento para acabar cos vertedoiros incontrolados

0

Lousame – 11 de febreiro do 2017 –  O Concello de Lousame fai un chamamento á colaboración veciñal para loitar cos vertedoiros incontrolados de lixo.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “nas últimas semanas están aparecendo pequenos vertedoiros incontrolados de lixo en distintos puntos de Lousame, como o último aparecido a carón do camposanto de Lesende”.

Trátase de pequenos verquidos de restos de electrodomésticos e de material de construción que nas últimas semanas están proliferando polos montes do municipio. Por iso, dende o Concello de Lousame faise un dobre chamamento. Por unha banda, pídeselles aos veciños e veciñas que non depositen electrodomésticos ou aparellos eléctricos na rúa. “Basta con que chamen ao Concello e xa llo recollemos nós na súa vivenda e sen custo algún para o veciño ou veciña”, lembra Villaverde Pais.

Por outro lado, a alcaldesa de Lousame tamén solicita a colaboración veciñal “para tratar de dar con aqueles que tiran o lixo en áreas non destinadas a tal fin polo que, se ven algunha persoa ou vehículo que estea tirando lixo, avisen no Concello pois é un dano ao noso medio ambiente e nos custa cartos a todos os cidadáns á hora de retiralo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies