A Asociación Lúa Chea de Teo amplia as actividades para celebrar o XX aniversario de Música na Noite

0

Teo, 17 de maio do 2017 – A Asociación Cultural Lúa Chea, que organiza cada ano o Festival Música na Noite, ten previstas actividades arredor do mes das letras, a primeira delas mañá en Luou.

O campo de San Domingos de Teo acollerá o vindeiro 8 de xullo a XX edición do Festival Música na Noite, que acadou, tras estes anos, sona internacional e que xa está asentado como unha das citas imprescindíbeis do verán na vila. Como en edicións anteriores a organización correrá a cargo da Asociación Cultural Lúa Chea de Calo e o concello de Teo.

Para conmemorar ese vinte anos en este 2017 celébranse ademais distintas actividades. Mañá xoves en Luou, coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüistica debaterase sobre os prexuízos do galego.

O sábado terá lugar o Festival da Fala a partir das nove da noite na sala Maltesta de Compostela. Este Festival estará presentado por Aldaolado e actuarán: Malandrómeda, Dakidarría, Garcia MC e Habelas Hainas. Desde a asociación Lúa Chea agardan que este sexa un ano de relanzamento unha vez conseguido asentar o Festival Música na Noite. En edicións anteriores colaborouse coa Asociación Amigos de Galicia na recollida de alimentos ou co problema das persoas refuxiadas (o ano pasado) e agora queren ampliar as actividades ao longo do ano.

Despois das citas xa mencionadas Lúa Chea ten previstas as seguintes citas

  • 17 de xuño de 2017: Encontro literario na Adega
  • 9 de setembro de 2017: Conferencia-coloquio “O (escaso) uso do galego nos medios de comunicación”
  • 7 de outubro de 2017: A fala dos animais
  • 4 de novembro de 2017: A xogar coa música no outono
Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies