Luces e sombras no tenis de mesa de Oroso

0

 Encontro de Superdivisión feminina entre Oroso ABANCA (esquerda) e Arteal TM (dereita)

oroso tm e arteal

Oroso, 10 de outubro do 2016,  Nova xornada de ligas nacionais para os distintos equipos do tenis de mesa de Oroso nun fin de semana maratoniano. o sábado pola tarde, en Sigüeiro, nas instalacións do Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro, dobre cita Oroso – Arteal. o primeiro equipo do Espedregada Oroso, o Oroso ABANCA recibía ao Arteal na liga de Superdivisión feminina, mentres que o filial, o Oroso Autos Grabanxa, recibía tamén ao filial do Arteal TM de División de Honra Feminina.

 Non houbo sorpresas en ambos os encontros e impuxéronse as favoritas en ambos os casos. Na máxima categoría nacional, a Superdivisión, o Arteal presentaba o seu cadro de persoal de luxo, formado polas dous internacionais romanesas: Roxana Istrate e Roxana Iamandi e a internacional española Raquel Bonilla. Por parte das locais, as xa habituais Vika Lebedeva e Paula Bo e completaba o terceto a canteirá Silvia Alvarez. O resultado final de 0-4 non reflicte o axustado do partido, con varios dos parciais caendo pola mínima para o lado das visitantes. Así, Vika Lebedeva caía 2-3 ante Istrate, Paula Bo 1-3 ante Bonilla e Silvia Alvarez 0-3 ante Iamandi, mentres que o definitivo partido de dobres tamén se pecharía cun axustado 2-3 a favor das de Santiago. A pesar da derrota grandes sensacións no equipo de Oroso, que ten como obxectivo a permanencia, e que tendo en conta a diferenza de orzamentos non ten como rival a bater ao Arteal de Santiago.

En canto ao encontro de filiais en División de Honra, de novo cumpríronse os prognósticos, e o Arteal impúxose por 2-4. Por parte das de Santiago: Teresa Nine, Belen Calvo e Judit Cobas, mentres que por parte das de Oroso xogaron Noelia Igrexas, Cristina Fernández e Daniela Ortega. Sólamente Daniela Ortega puido puntuar fronte a Judit Cobas (3-0) e Teresa Nine (3-1), mentres que Cristina Fernández caía nun axustado 2-3 ante Belen Calvo e por 0-3 ante Judit Cobas e Noelia Igrexas cara ao mesmo ante Teresa Nine (0-3) e Belén Calvo (1-3). A pesar da derrota as do Oroso Autos Grabanxa atópanse por agora lonxe da zona de descenso, cumprindo así polo momento co obxectivo imposto para esta tempada.

Xa o domingo pola tarde, foi a quenda do primeiro equipo masculino do Oroso TM, o Oroso TM Deporte Galego que se medía tamén como local ao CTM O Alamo de Madrid. A pesar de que os madrileños viñan de caer por 6-0 na xornada de mañá en Pontevedra contra o CTM MontePorreiro, o partido resultou moito máis complicado do que a priori se podía supoñer. O primeiro individual disputábano Jonathan Piñeiro (Oroso TM) e Pablo Lozano (CTM O Alamo), gañando o de Oroso por 3-0. A continuación, saían á cancha o canteirán Uxio Regueiro contra o tamén canteirán dos madrileños Manu Lozano. Partido disputado que se acabou levando o de Madrid por 1-3. No terceiro individual enfrontáronse Marcos Sanmartin (Oroso) e o serbio Luka Markovic. Marcos xogaba un excelente partido e impoñíase ao serbio por 3-1, deixando moi de fronte o encontro. De novo, Uxio Regueiro, esta vez ante Pablo Lozano non puido cun xogador con moita máis experiencia que o na categoría, e caía por 0-3. Co empate no marcador, enfrontábanse os dous números 1 de ambos os equipos. A pesar de que o local saía como teórico favorito, non puido facerse coa vitoria nun mal partido, e caía 1-3 deixando que os madrileños se adiantasen 2-3 no marcador. Pero a actuación de Marcos Sanmartín resultou decisiva e volveu establecer o empate no marcador gañando a Manuel Lozano por 3-0. Co 3-3 no xeneral, o partido debería decidirse no dobre: Marcos Sanmartin e Jonathan Piñeiro fronte a Luka Markovic e Pablo Lozano. Partido cunha gran emoción que se resolveu en tres sets, pero todos eles en vantaxes. Con estes dous puntos importantísimos, o Oroso TM Deporte Galego sitúase nunha cómoda situación na parte alta da táboa á espera de novos enfrontamentos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial