Lucía Iglesias e Silvia Marín deixan Unión por Ordes

0

Ordes, 31 de agosto do 2017 – A situación política en Ordes é unha vez máis impredecible, despois da renuncia a acta de concelleira de Silvia Marín agora dimite tamén Lucía Iglesias pero ademais as dúas anuncian que deixan Unión por Ordes.

Lucía Iglesias

Lucía Iglesias

Silvia Marín e Lucía Iglesias, concelleiras do Grupo Municipal de UxO, remitiron hoxe unha comunicación á formación política Unión por Ordes (UxO) na que informan de que deixan de pertencer á mesma.

Asimesmo, Lucía Iglesias, ao igual que xa fixera Silvia Marín o pasado 11 de agosto, acaba de formalizar a súa renuncia á acta de concelleira, polo que ambas sairán da Corporación Municipal no vindeiro Pleno que se celebre.

Según explican Lucía Iglesias e Silvia Marín “tomamos esta decisión de abandonar tamén o partido por non estar de acordo coa liña política que está a seguir Unión por Ordes. Por esta razón, en aras precisamente do ben común, e reafirmando o noso compromiso coa coherencia no exercicio dos cargos públicos, consideramos necesario actuar con responsabilidade e dar o presente paso, conscientes de que na actuación política é imprescindible que as palabras vaian acompañadas de feitos”.

Silvia Marín

Silvia Marín

Estas renuncias deixan un panorama político no que dúas formación, PP e UxO sufriron baixas nas súas filas e a corporación perde dúas concelleiras. Que sucederá nos próximos plenos, quen sustituirá as dimisonarias ou que decisións tomaran nos distintos asuntos os novos concelleiros é toda unha incógnita. Cun goberno en clara minoría, divisións internas en dúas das catro formacións que forman o pleno e os non adscritos aprobar calquera moción precisa dun xogo de alianzas impredecible a día de hoxe.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies