Os Luns do Ateneo tratan a relación de Cosimo de Medici con Compostela

0

Compostela, 20 de maio do 2018 – Este luns o Ateneo de Santiago realizará unha nova conferencia baixo o título A cidade de Santiago de Compostela vista polo gran príncipe de Florencia Cosimo III de Medici (1669).

O Profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago Miguel Taín Guzmán analizará os pormenores da estadía de Cosimo de Medici,  entón príncipe herdeiro do Gran Ducado da Toscana, en Santiago entre o 3 e o 6 de marzo de 1669 con motivo da súa peregrinaxe polo Camiño Portugués. Como sempre o acto comezará ás 20.00 horas na sede de Afundación, situada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, onde se permitirá a entrada libre e gratuíta ata completar o aforo dispoñible, e rematará cunha quenda de preguntas por parte do público asistente.

Miguel Taín posúe o Diplôme d’Etudes Approfondies en Arts (Arts Plastigues, Arts du Spectacle, Histoire) da Universidade de l’Haute Bretagne Rennes II e é Doutor en Historia da Arte na USC, centro onde exerceu diversos cargos nos últimos anos. É membro do Comité Español de Historiadores del Arte (CEHA) dende os anos 90, de Icomos-España dende 2005, da Sociedad Española de la Historia de la Construcción dende a súa fundación en 1996 e da Construction History Society de Londres dende 2012. A súa investigación acolle diversas liñas, sempre relacionadas coa arquitectura e a arte española nos séculos XVII e XVIII en España, entre as que destacan os seus estudos sobre debuxos e planimetrías, así como os dedicados á literatura artística, de canteiría e de viaxes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies