займ срочно

Tódolos luns portas abertas no Parlamento de Galicia

0

Compostela, 3 de xuño do 2018 –  O Parlamento de Galicia porá en marcha, a partir de este luns, 4 de xuño, un programa de portas abertas de periodicidade semanal, que permitirá a calquera persoa que o desexe coñecer a sede do Lexislativo galego sen necesidade de inscribirse previamente.

No marco desta iniciativa de portas abertas, todos os luns laborables do ano, o Parlamento habilitará tres quendas diarias de visitas, que darán comezo ás 10,00, ás 12,00 e ás 16,30h., nas que  poderá participar calquera persoa que o desexe.

Cada unha destas visitas durará arredor de unha hora e,  cando as condicións o permitan, poderán facerse coincidir nunha mesma quenda, persoas do programa de portas abertas con outras visitas concertadas con anterioridade. As explicacións ofreceranse en galego ou castelán, segundo caso; e en inglés cando así se demande.

O percorrido será o mesmo que o do programa de visitas guiadas. Dará comezo no Salón dos Reis e seguirá a través da Sala de Exposicións (onde se amosa un vídeo divulgativo), bibliotecas, área dos grupos parlamentarios, salas de reunión, Sala das Letras Galegas e Salón de Plenos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies