займ срочно

Luz Fandiño, veciña de Compostela

0

Luz FandiñoLuz fandiño tivo, ten, unha vida que dá para o que uno prefira: libro, teatro, cinema ou unha longa conversación coa que gozar ademais da súa motivadora compañía.

Viviu a emigración a principios dos 60, París durante o 68, de volta en Compostela nos 80 e desde entón á actualidade na primeira liña, contar a súa historia é contar a historia e merece máis espazo que esta descrición.

Naceu filla de solteira e fala con orgullo da fortaleza da súa avoa e a súa nai nun época machista e represora. Confesa con tristeza que unha semana antes de que a súa nai morrese, enferma do pulmón, na súa casa só se comía pan cocido en auga… o pan que se tiraba na casa na que servía, por iso di que a súa nai morreu de fame.

Certos parentes vendéronlle Arxentina como El Dorado pero ao chegar só atopou máis miseria e unha proposta lindeira na prostitución que só a súa integridade, e a decencia do receptor da oferta, puideron derrotar. Buenos Aires, o Centro Galego da cidade e un bibliotecario ao que nunca estará o suficientemente agradecida encargáronse de cambiar a súa vida e a súa persoa, alí reencontrouse coa súa cultura e recuperou o orgullo de ser galega no poema “Meu carriño!” de Cabanillas que aínda recita con emoción “Lévame por onde escoite – a fala – doce e sentida – entre bicos deprendida – non colo de miña nai! – Roda polos nosos eidos – aunque hai lama non camiño – é túa terra, meu carriño – e a terra de meus avós!”.

Chegou a París catro anos antes do 68 e o seu espírito renacentista seguiuse formando naquela tolemia de liberdade e cultura; o seu amor pola poesía avanzou cara á propia creación e as súas primeiras obras naceron alí, lembra que o galego foi unha gran axuda polo parecido entre ambas linguas.

Os 80 collérona en Compostela onde coñeceu a Roberto Vidal Bolaño, asegura que foi o fillo que non pariu, tristeza e morriña soan cando o menciona. Segue activa e defende aos mozos nos que ten unha fe cega e eles cóidana e venérana. Se un quere saber o que foi Galicia nos últimos 80 anos non ten máis que pasar unha tarde con esta muller.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro do 2014

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies