Carmen Vázquez Ínsua, veciña de Ames

0

Carmen Vázquez ÍnsuaCarmen repite a miúdo que non lle falta de nada, non acabas de saber si fala contigo ou se convence de que é certo. Aos seus anos a vida non lle dou moita tregua desde que con 4 anos a morte levouse en poucos meses aos seus pais, primeiro a nai vítima dun erro médico e despois ao seu pai dun ataque ao cerebro. A vida de Carmen sen embargo non ensina o poder da colaboración e, como ela di, o da unidade. Nestes tempos que se fala tanto da unidade escoitar a Carmen é lembrar que nos peores momentos deste pais as aldeas galegas funcionaban ao unísono.

Ela e os seus catro irmáns foron acollidos por un tío e todo o mundo colaborou para que non lles faltara de nada, tanto foi así que cando creceron o suficiente volveron á casa onde naceran e os veciños apartaban un tanto de cada colleita para eles, un tanto de cada muxido para eles, e do pouco sempre se sacaba mais. Foi a escola, como moitos, cruzando os bosques e algunha vez ten feito “a gata” e quedar xogando aos pelouros, fala sabendo que non estaba ben faltar ao colexio pero que de cando en vez os cativos teñen que ser así e un descubre, ala no fondo, un punto de picardía que quedou polo camiño.

Carmen aprendeu que con traballo e vontade se sae adiante, o aprendeu a forza de sufrir o seu e o dos outros. Un irmán seu saía a traballar cada mañá de canteiro, un bo día caeu pero non dixo nada e aguantou a dor ata que non puido máis; unha cadeira rota non é boa cousa e estivo moito tempo en cama, o tempo o aproveitou para facerse mestre, algo do que fala orgullosa Carmen. Como outras moitas persoas que pasaron por estas páxinas Carmen lembra os traballos no campo como algo moi duro pero moi bonito, os ollos se lle iluminan cando conta o proceso da malla e a oportunidade que daba de estar todos xuntos traballando pero tamén xogando.

Outra das cousas nas que Carmen coincide con outros da súa idade é no respeto que se tiña polos vellos, aos cativos se lles ensinaba a axudar aos anciáns e si algún facía o xesto de levantarse, para coller algo ou ir a polas vacas,  tiñan que adiantarse e facelo eles para que puideran seguir sentados. Casou con 25 anos e con moito traballo sacaron adiante a familia, o seu home era carpinteiro, saia cada mañá a traballar mentres ela atendía as dúas vacas, as fincas, aos fillos… cóntache como ia ao muíño cun saco na cabeza e un fillo en cada brazo. A construción primeiro e logo Feiraco trouxeron novos traballos para o seu marido, estas novas ocupacións axudaron a rematar a casa na que aínda vive e pola que sente o amor que so se pode ter polas cousas feitas por un mesmo. Carmen, como outros, forma parte dunha historia que non deberíamos esquecer, unha historia na que os problemas resólvense entre todos e un neno nunca se queda solo, páselle o que lle pase.

Agrón, 4 de novembro 2015

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies