Maximino Viaño, veciño de Ames

0

Maximino Viaño

Cando se fala de emprendedores alguén debería por de exemplo a vida de Maximino Viaño. Naceu e viviu sempre en Ames, primeiro en Lamas e despois en Tapia onde segue residindo os seus 88 anos. Lembra a súa aldea como un lugar de costas a Compostela, con veciños que acudían a capital a vender produtos ou facer xestións pero que volvían rapidamente a súa casa.

Estudou na unitaria de Cerdeiras e lembra con cariño o seu profesor que, incluso nas vacacións de verán durante a guerra, camiñaba 3 kilómetros para darlles dúas horas de clase. O mestre sabía da valía de Maximino que co tempo comezou a estudar graduado social por libre, cando podía acudía a Santiago, ia as clases montado nunha bicicleta e cando volvía mordía cos dentes unha lanterna de petaca para alumear o camiño.

Cando casou comezou a montar en Tapia a súa propia granxa e no ano 66 coa colaboración doutros 5 gandeiros monta a primeira cooperativa, algo inusual por aquel entón e que fixo que se convertera nun referente. As boas relacións que en este período colleitou Maximino en Madrid fixo que se apoiaran máis proxectos e so na zona de Negreira e Ames naceron máis de 200 cooperativas. Maximino é moi crítico coa política porque viu como en canto comezaron a funcionar o ministerio enviou unha orden para que se parara o crecemento, en España existían 240.000 explotacións e tiñan medo de que pecharan e deixaran a xente na rúa.

A experiencia acumulada serviulle para impulsar, coa axuda doutras persoas, dous proxectos moi importantes para Galicia, Feiraco e Ternera Gallega. Maximino lembra con nostalxia como no casino de Negreira reuníanse máis de cen persoas e falaban de facer algo que non estivera dirixido desde Madrid, iso foi o nacemento de Feiraco. Segue vinculado o sector xa que a súa granxa segue funcionando e pensa que de esta crise sairase porque xa viu moitas antes e “Galicia sae de todo” pero sabe que no camiño quedarán explotacións, as mais febles.

Con 65 anos comezou a cebar becerros na casa dos seus pais, foi entón cando comezou a pensar que o xeito de distinguirse era valorizar a carne, facela mellor que a que viña de fora, e así naceu Ternera Gallega que segue a ser un dos estandartes de Galicia en todo o mundo.

Maximino non para, segue a escribir, acude a tertulias e entrevistas coma esta, pero sobre todo  escoita a quen o chama e fálalle a quen o quere escoitar. Deberiamos escoitar mais aos que impulsaron os proxectos que funcionan e menos os que venden fume, non será porque non poidamos porque Maximino segue estando o servizo de Galicia aínda que poucos o lembren.

Santiago 19 agosto 2015

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies