займ срочно

Máis de 60.000 persoas na Feira do Cocido de Lalín

0

Lalín, 25 de febreiro do 2019 – Previsións máis que cumpridas cos máis de 60.000 participantes na 51º edición da Feira do Cocido de Lalín, celebrada este domingo.

A Feira do Cocido é moito máis que gastronomía e a xornada comezou coa entrega do premio Aldea Singular. Este ano foi Doade a que recibiu o galardón e os parabéns do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Lalín, Rafa Cuíña, que gabaron o traballo dos veciños en cada intervención.

Premio aldea singular a Doade

Das aldeas ao pregón que correu a cargo do xornalista Xavier Fortes que comezou lembrando a persoeiros e persoaxes da vila como o astrónomo Ramón Aller, o matemático José Rodríguez González, o escritor Neira Vilas. ou o piloto Joaquín Loriga. De seguido lembrou tamén a tres pintores referentes no só na via se non en Galicia, Laxeiro, Colmeiro e Sucasas. Fortes remataba explicando a razón de porque en Lalín hai tanto talento “en Lalín gardan dende os tempos inmemoriais das lareiras unha receita da que sacan a súa forza e tesón. O caldo e o cocido son a súa poción máxica”.

Xavier Fortes pon as súas mans no cocido de Lalín

A maña rematou, antes da comida, co concurso de carrozas que este ano gañou a parroquia de Sello. Unha edición máis que remata pensando xa na do ano que ven.

Lucía Freitas nun dos showcooking da carpa Mahou

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies