Máis de 600.000 euros para o rural de Compostela

0

Compostela, 13 de marzo do 2019 – O concello Rafa Peña presentaba onte en rolda de prensa unha serie de obras para o rural que supoñen un investimento de máis de 600.000 euros.

As obras comezaran nas próximas semanas e mellorarán os equipamentos de deportivos e de ocio de diferentes parroquias do rural compostelán. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial explicou que “o Goberno ten o obxectivo de mellorar as dotacións de servizos nas parroquias, porque esta é a maneira de fixar poboación no rural. A día de hoxe, ningunha parroquia dispón de infraestruturas cubertas, nas que a veciñanza poida realizar actividades como a celebración dos magostos ou eventos deportivos”.

Unha das actuacións máis importantes será a mellora das instalacións deportivas de Figueiras, á que se van destinar algo máis de 255.000 euros procedentes do POS+ 2018 da Deputación da Coruña. As obras, teñen como obxectivo solucionar os problemas de accesibilidade e de filtracións de augas do equipamento, a través da construción dun novo muro de contención e da cubrición da pista deportiva exterior. Tamén se dotará ao espazo dunha nova pista de pádel. A actuación estará concluída nun prazo de catro meses.

Onte quedaron tamén adxudicadas as obras da cuberta da pista polideportiva de Verdía, tamén incluída no POS 2018, cun orzamento de 115.000 euros. O proxecto contempla a instalación dunha cuberta na pista polideportiva de Verdía, situada ao carón da vella estación do ferrocarril. A instalación terá unhas dimensións maiores que a propia pista, de cara a unha futura ampliación deste equipamento que na actualidade non cumpre coas dimensións regulamentarias para o desenvolvemento dunha práctica deportiva concreta. As obras teñen un prazo de execución de catro meses.

Por último, tamén está adxudicado o contrato para a execución do proxecto do edificio multiúsos en Lavacolla, orzado en 260.000 euros. Este espazo, tal e como lembrou o edil, será “compartido entre a veciñanza e o alumnado do colexio da parroquia, que o utilizará durante o horario lectivo”-

Obras de mellora da pavimentación

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial tamén deu conta do inicio, nun prazo de 15 días, das obras de ampliación e mellora da plataforma de rodadura do viario de acceso a Lamascal. Trátase dunha actuación adxudicada á empresa Nexia Infraestruturas, que suporá un investimento de algo máis de 92.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial