займ срочно

Máis de 8 millóns para manter limpas as estradas provinciais

0

Bisbarra, 15 de marzo do 2021 – A Deputación da Coruña licita por 8’5 millóns de euros un plan de rozas das estradas provinciais durante os vindeiros catro anos

O plan contempla un orzamento anual de 2.153.717 euros para limpar varias veces ao ano, de herbas e maleza, as marxes dos máis de 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas.

O  investimento súmase aos 7,9 millóns que o departamento provincial de Vías e Obras destinará en 2021 ao Plan de Conservación para manter as condicións de seguridade nos viais provinciais.

O deputado responsable da área, José Manuel Pequeño, explicou que o obxecto deste plan de rozas é “axilizar este servizo no que se inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais”.

Os desbroces serán mecánicos, efectuados cun brazo segador articulado montado sobre un tractor ou camión multiusos. Desenvolveranse en varias fases, incluíndo cando menos unha roza completa dos 2.100 quilómetros de estradas provinciais e mantementos posteriores por zonas para evitar a acumulación de maleza.

Este contrato contempla tamén a limpeza das sinais verticais, eliminando a suciedade, pintadas ou calquera outro desperfecto que poida limitar a visibilidade ou a legibilidade do elemento sinalizador.

7,9 millóns para conservación no 2021

Este contrato súmase ao Plan de Conservación, que este ano conta cun orzamento de 7.902,029,66 euros para a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación na rede provincial de estradas.

Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia, segundo explicou o deputado titular da área de Vías Provinciais, José Manuel Pequeño.

A maior parte dos investimentos de Conservación destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura (55%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (20,5%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 8% dos investimentos e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, un 6% cada unha, respectivamente.

4.700 euros por quilómetro

Os programas de Conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.700 euros anuais por quilómetro, apunta o deputado José Manuel Pequeño, que entende que “o mantemento dos viais nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies