Máis de cen músicos participarán nun concerto das bandas de música de Meaño e Lousame

0

Lousame, 18 de setembro do 2018 –  Máis dun cento de músicos da Banda de Música de Lousame e da Banda Xuvenil de Meaño participarán este sábado nun concerto ás 12:30 horas na praza Teodormiro Hidalgo de Lousame.

Este concerto será de entrada libre e de balde que, no caso de choiva, trasladarase ao polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. O evento foi presentado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; quen estivo acompañada por Fernando Froján Canle, director da Banda de Música de Lousame; e Juan Portela Varela, director da Escola de Música de Meaño. Villaverde Pais explicou que este intercambio cultural “demostra o esforzo e o interese que dous concellos pequenos facemos pola cultura e a formación musical dos máis pequenos. Un esforzo que en ocasións non é valorado”.

Juan Portela salientou que “estivemos encantados de recibir en abril á Banda de Lousame, pois foi unha convivencia moi bonita” e indicou que este tipo de iniciativas buscan “que os rapaces e rapazas se coñezan, fagan música xuntos e saian un pouco do normal, para ir medrando como persoas e como músicos”. Así mesmo, adiantou que a Banda Xuvenil de Meaño aproveitará este concerto para ensaiar o repertorio co que concorrerán ao certame galego de bandas, interpretando dúas pezas: “Alborada Galega” e “Mi primer pasodoble”.

Finalmente, Fernando Froján salientou que “é un privilexio e un luxo ter aquí á Banda Xuvenil de Meaño e ver a calidade tanto da banda como da súa escola, que é un referente no que temos que mirarnos moitos”. Sobre o repertorio que interpretará a banda lousamiá, Froján Canle adiantou que “estará adaptado para que desfrute o público”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial