займ срочно

Máis propostas de axudas á hostalería que segue con protestas na rúa

0

Oroso, 26 de xaneiro do 2021 – O concello de Oroso apoia a proposta da Deputación da Coruña de crear un Fondo de Cooperación Galego, con achegas de todas as administracións, dirixido a dar axudas directas á hostalaría.

Mentres seguen as protestas na rúa por parte dos colectivos vinculados á hostalería. Onte diante do concello de Noia co apoio da Asociación de Compostela e as de comerciantes do municipio do Barbanza.

Moción

Psoe e BNG levarán ao próximo pleno de Oroso unha moción conxunta de apoio á proposta. Ambos os dous grupos, que gobernan en coalición, consideran necesario buscar medidas de apoio á hostalería por ser un dos sectores máis afectados pola pandemia do Coronavirus.

Iniciativa da Deputación

A proposta foi presentada polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, co obxectivo de que a Xunta de Galicia, as deputacións e as administracións locais galegas destinen o 1% do seu orzamento de 2021 a axudar á hostalaría.

O alcalde de Oroso, Manuel MIrás, considera que “Os concellos da Coruña dispuxemos xa de 28 millóns de euros da Deputación para axudar a sectores como o comercio e a hostalaría, mentres que a Xunta, que ten as competencias en emprego, comercio e turismo, destinou só 17 millóns de euros para toda Galicia”.

No texto da moción, o grupo de goberno lembra que “no ano 2020 a Xunta recibiu transferencias estatais e europeas directas e non reembolsables por valor de máis de 1.100 millóns de euros, pero nin os concellos nin os afectados recibimos un so euro, onde están eses cartos?”. Desde o comezo da pandemia, o concello puxo a disposición da hostalaría e do comercio numeroso material de protección (EPI), ademais de impulsar diferentes campañas de promoción e reactivación de ambos sectores.

Protesta en Noia

Mentres tanto as asociacións de hostalería seguen con protestas na rúa. A última tivo lugar este luns diante do concello de Noia. En ela participaron ao redor de 250 persoas vinculadas ao sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies