Alertan do mal estado da Lagoa de Olives en A Estrada

0

A Estrada, 25 de xuño do 2018 – O BNG de A estrada alerta do mal estado no que se atopa a lagoa de Olives incluida na Rede Natura.

A lagoa de Olives está situada a 700 metros de altura entre os concellos de A Estrada, Silleda e Forcarei. Tratase dun humidal no que acubillan distintas especies vexetais e animais autóctonos. A lagoa perdeu xa bastante auga nos últimos tempos e a isto ai que engadir a proliferación de ameneiros sen control que pouco a pouco van cubrindo toda a zona.

O BNG alerta tamén de que a abundante vexetación está acabando por ocultar o valo, un elemento patrimonial xa moi deteriorado. O concelleiro Xosé Magariños explica ademais que pese a ser un espazo protexido os vehículos acceden a lagoa sen control.

Os nacionalistas instan ao concello a tomar as medidas necesarias para preservar a lagoa de Olives. Demandan tamén unha adecuada sinalización xa que a pese a ser un espazo protexido e descoñecido para moitos veciños. O BNG pide ademais que sexa prohibido o acceso con vehículos a propia lagoa e que esta prohibición sexa tamén sinalizada de forma adecuada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies