Denuncian o mal estado das pistas de San Xoán da Riba en A Baña

0

A Baña, 23 de xuño do 2018 – O Psoe de A Baña denuncia o mal estado no que se atopan as pistas da parroquia de San Xoán da Riba pese aos cartos destinados desde AGADER.

Imaxe das pistas en mal estado en San Xoán da RibaHai catro meses remataron en San Xoán da Riba unhas obras que contaron cun investimento de 76.000 euros. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, destinou estes cartos a mellora de camiños municipais. Agora os socialistas denuncian que o resultado da inversión é unha pista á que non se lle abren cunetas, pola que corre a auga ás súas anchas e que en breve terá que ser novamente arranxada.

Para o Psoe “este é outro claro exemplo de como se inverten os cartos de todos os veciños e veciñas e de como se fan as obras neste Concello. Unha total falta de previsión e de planificación que sistematicamente se repite no resto das parroquias. Pistas que se arranxan unha e outra vez durante anos nas que se derrochan cantidades inxentes de cartos públicos”.

Os concelleiros anticipan que pedirán explicacións por este tipo de actuacións ao alcalde e ao concelleiro de obras no vindeiro pleno municipal.

Imaxe das pistas en mal estado en San Xoán da Riba

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial