Malestar en Ames pola inacción da Xunta na contaminación da praia de Tapia

0

Ames, 10 de xullo do 2018 –  A praia fluvial de Tapia permanecerá pechada ao baño ata que se coñeza o resultado da análise da auga do río Tambre. O concello queixase da falta de interés demostrada pola administración autonómica.

A última vez que se tivera que pechar tapia fora hai dous anos cando se detectara a bacteria E.Coli. O actual problema comezou o sábado pola tarde cando ao aparecer peixes mortos decidiuse poñer a bandeira vermella e pechar as instalacións. Lindeiros falaba con Blas García, concelleiro de Servizos Básicos que nos explicaba a situación

García mostrouse molesto coa actitude da administración autonómica que non actuou coa celeridade que se esperaba aínda que recoñece que onte luns xa se deron pasos para buscar as causas

Hai quince días o problema viña dun vertido realizado en Ponte Albar, Trazo. Agora descoñécese por completo a orixe do problema. A turbidez das augas comezaba xa en Sigüeiro pero foi desaparecendo paulatinamente. Máis difícil será pescudar de onde proceden as feridas dos peixes ou a causa da súa morte, as primeiras analíticas que hoxe se coñeceran poderían dar unha pista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial