Hoxe dispútase o IV Poetry Slam Compostela

0

Compostela, 4 de febreiro do 2019 – A poesía defendida ante o público polos poetas, ese é o espírito do Poetry Slam que este martes chega a cuarta edición en Compostela.

O Poetry Slam naceu nos clubes de jazz de Chicago nos 80′ da man do poeta Marc Smith. Consiste nunha competición poética na que cada participante conta con tres minutos para dramatizar o seu poema. A votación corre por conta do público asistente de entre o cal é seleccionado o xurado mediante sorteo. En Estados Unidos hai 113 competicións estables e máis de mil membros inscritos.

O formato inspirouse no mundo do boxeo de onde toma o tempo das rondas. A diferenza do que pasa nas batallas de galos, no rap, aquí os poetas non se enfrontan cara a cara nin se respostan un ao outro. Os poetas len os poemas ante o público e os que acaden mellor puntuación pasan a seguinte ronda. As primeiras Poetry Slam duraban doce asaltos e interviñan dous poetas. Moitos o consideran un modelo artístico en si mesmo xa que moitas das pezas non se entenden sen a interpretación.

Lena Larios

O IV Poetry Slam Compostela da tempada 2018-2019 terá lugar na Sala Riquela a partir das nove da noite. Actuará como invitada especial Lena Larios, campiona do Poetry Slam Granada. En España hai 21 sedes que levan ao seu gañador anual a final nacional. O gañador nacional competirá despois a nivel europeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial