A Mancomunidade de Ordes pon en marcha unha campaña de valoración auditiva e compra de audífonos

0

Ordes, 19 de novembro do 2018 –  A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes organiza un programa de axudas dedicadas a valoración auditiva e compra de audífonos.

Desenvolvido pola Obra Social da Fundación Amplifón o programa vai dirixido aos colectivos máis desfavorecidos e inclúe servizos como o estudo auditivo de balde, subvención de ata o 75% na adquisición de audífonos, asesoramento e xestión de axudas, doazón de audiófonos e adaptacións infantís. As principais beneficiarias son persoas con problemas auditivos e dificultades económicas, con rendas per cápita inferiores aos 700 €.

Para pedir consulta nalgún dos gabinetes Amplifón deberán solicitar cita previa e facerse coa respectiva folla de derivación que facilitará a traballadora social (baixos da alameda de Ordes). No caso da comarca ordense os gabinetes máis próximos sitúanse nas cidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Con isto a Obra Social Fundación Amplifón quere contribuír na mellora da calidade de vida das persoas con problemas auditivos, para que volvan ser plenamente activas e recuperen unha comunicación satisfactoria. Para acadar este obxectivo conta co traballo conxunto de distintos perfís de profesionais como traballadores sociais, educadores, orientadores, audioprotesistas etc.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial