займ срочно

A Mancomunidade de Ordes inicia a licitación do servizo de axuda a domicilio

0

Ordes, 13 de outubro do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia publicou a primeiros de mes  o anuncio para a contratación do servizo de axuda a  domicilio de cara ao vindeiro ano 2018.

O acordo foi adoptado recentemente en sesión plenaria extraordinaria por parte dos representantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

O servizo de axuda a domicilio comezará a partir do vindeiro 1 de xaneiro no  ámbito territorial dos municipios de Ordes e Frades. O número de horas estipuladas ao ano é de 3.600 para os casos de libre concorrencia e de 38.865 para as persoas dependentes. O contrato terá unha duración de catro anos prorrogable ata os 6, cun valor estimado de 5.058.000 €. Neste caso o orzamento base da licitación establécese sobre os 14 € (sen IVE Incluído) por hora de servizo. As entidades licitadoras deberán acreditar  ademais da habilitación empresarial e as solvencias económica, financeira, técnica e profesional esixida nas cláusulas, que están debidamente autorizadas para desenvolver o servizo de axuda no fogar.

O prazo máximo para a presentación de documentación chega ata o 15 de novembro. Para calquera información pódese solicitar tanto nas oficinas situadas na rúa Xoxardo en Ordes, como a través do teléfono 981680002. Tamén se pode consultar o perfil do contratante na páxina web www.mancomunidadeordes.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies