A Mancomunidade de Ordes convoca o concurso Rosalía verso a verso 

0

Ordes, 16 de febreiro do 2017 –  O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes convoca á poboación estudantil da comarca a participar en ‘Rosalía verso a verso’.

Esta actividade colectiva desenvolverase a través do evento creado no Facebook da Mancomunidade de Ordes  dende o 24 de febreiro, data do nacemento da escritora, ao 9 de marzo.

Alumnos e alumnas dos 14 colexios e institutos da comarca de Ordes deberán colgar os seus audios ou vídeos realizados en base a versos da escritora, recitados por elas e eles mesmos. O centro con maior número de participantes así como os estudantes que se animen a realizar algunha destas pezas terán opción a facerse cun premio consistente nun lote de libros cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A través desta convocatoria, asemade, quérese estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, á par que se difunde e dá a coñecer a obra da poeta por excelencia das letras galegas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial