займ срочно

A Mancomunidade de Ordes solicita a continuidade do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas

0

Ordes, 3 de agosto do 2017 –   O Pleno da Mancomunidade de Ordes acordou na súa sesión correspondente ao mes de xullo solicitar da Consellería de Sanidade 60.000 €  para o mantemento do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas.

Un servizo que servizo leva activo dende o ano 2005 e cuxa cuantía total para a súa operatividade ascende a 63.000 €.

Entre as funcións que desenvolve figuran a atención e canalización das demandas de información, asesoramento e formación en relación coas drogas no seu ámbito territorial de actuación; planificación, execución e avaliación de programas de prevención no ámbito educativo, familiar, xuvenil, laboral, muller, poboacións vulnerables e outras actividades transversais de información-sensibilización; formación de mediadores sociais e sanitarios; servir como nexo de unión e coordinación entre a Dirección Xeral de Saúde Pública e as entidades implicadas co proxecto; difundir as actividades preventivas e resultados das actividades que se realicen; detectar posibles incumprimentos da normativa sobre promoción, publicidade, venda, subministración e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco; atender ás indicacións da Dirección Xeral de Saúde Pública derivadas dos principios e directrices do plan de trastornos aditivos vixente; elaborar os informes que permitan o seguimento e a avaliación dos proxectos preventivos segundo determine a Dirección Xeral de Saúde Pública; e colaborar coas organizacións e institucións que a Dirección Xeral de Saúde Pública designe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies