займ срочно

A Mancomunidade de  Ordes organiza unha charla sobre cooperativismo téxtil

0

Ordes, 17 de xullo do 2017 – Este vindeiro xoves, 20 de xullo, ás 18 horas, terá lugar nos baixos da alameda de Ordes unha charla sectorial informativa sobre o cooperativismo no sector téxtil.

A charla está dirixida a todas as persoas interesadas, desempregadas, emprendedoras, así como a institucións públicas ou privadas e a asistencia será de balde. As inscricións previas poderanse facer telefonicamente no 981680002, ou ben a través do correo electrónico ofc@mancomunidadeordes.gal.

A charla sobre cooperativismo pretende dar resposta a moitas das cuestións a profesionais do sector afectados polos despedimentos e reestruturación acontecidas ao longo da comarca, e especialmente na vila de Ordes. Entre os obxectivos a cumprir están os de ofrecer unha saída laboral a aqueles que queiran constituírse baixo o réxime  cooperativista. Este encontro está organizado pola Mancomunidade de Ordes; Eusumo, cooperativismo e economía social e a Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies