займ срочно

A Mancomunidade de Ordes mantén o CIM e os servizos sociais básicos

0

Ordes, 8 de febreiro do 2018 – O programa de servizos sociais básicos e o CIM, centro de información da muller prestado pola  Mancomunidade de Ordes manterase no 2018.

O pleno da Mancomunidade celebrado esta semana aprobou a solicitude de subvención para o presente exercicio. A contía ascende a preto de 96.000 euros a cargo da Deputación da Coruña que irán destinados a sufragar o programa de axuda a domicilio baixo a fórmula de libre concorrencia para os concellos de Frades (34.000 €) e Ordes (62.000 €). Como novidade o Concello de Frades contará cunha nova auxiliar administrativa, mentres que o de Ordes seguirá cunha educadora social e unha auxiliar administrativa.

Outro dos puntos acordados foi a continuidade CIM. Con este fin presentarase a solicitude por algo máis de 110.000 € para a continuidade do cadro profesional composto por unha directora, unha axente de igualdade, unha psicóloga e unha asesora xurídica. Unha cantidade na que ademais van incluídos os custos para o deseño dun programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Segundo as últimas estatísticas o número de persoas atendidas ao longo do último ano achegouse ás 400, das cales 283 solicitaron o dito servizo por primeira vez en Ordes.

Por último tamén se acordou a solicitude para a contratación dun técnico ou técnica de xestión cultural para os concellos de Frades, Oroso, Tordoia e Trazo. O importe neste caso ascende a 15.000 €  por parte da Deputación da Coruña a través de subvención.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies