A Mancomunidade de Ordes  lanza a campaña #nonmeenredes  contra a violencia de xénero

0

Ordes, 23 de novembro do 2017 –  Nazaret González, directora do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (CIM), presentou a nova campaña de sensibilización contra a violencia de xénero #nonmeenredes.

#nomenredes xorde co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se conmemorará o vindeiro sábado, 25 de novembro, e está dirixida á poboación en xeral e moi especialmente ao alumnado de ESO. Como principal obxectivo está a visibilización da presenza da violencia de xénero nas redes sociais.

A campaña consta de carteis con propostas para utilizar de xeito máis seguro as redes sociais, un avatar que poderá ser empregado como imaxe de perfil para visibilizar o compromiso tanto individual como social, así como un báner. O material xa se pode descargar no Facebook do CIM da Mancomunidade  (https://www.facebook.com/CIMOrdes/)

“O lema #nonmeenredes pretende ser un berro reivindicativo das mulleres da comarca para que ninguén exerza a violencia a través da Internet”, asegura a directora do CIM, quen tamén advirte da translación de condutas violentas a este ámbito polo uso masivo das redes sociais, e a indefensión das mulleres ante a violencia que se exerce por medio delas. Unha vulnerabilidade especialmente forte no caso das mozas máis novas, debido ao seu uso máis intenso e a un escaso control familiar. Nazaret González insiste en que na prevención destas situacións ten un papel fundamental a comunidade escolar, polo que se lle vén de solicitar tamén a súa colaboración na difusión desta campaña.

Mensaxes de acoso no teléfono móbil, control de chamadas ou de amizades, espionaxe, suplantación de personalidade, exposición de fotos íntimas ou degradantes da parella ou ex-parella etc son algúns dos exemplos máis habituais deste tipo de violencia tanto dentro como fóra do ámbito da comarca ordense.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies