займ срочно

A Mancomunidade de Ordes manterá o Servizo de Normalización Lingüística

0

Ordes, 12 de abril do 2018 – O pleno da Mancomunidade de Ordes acordou solicitar a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a subvención destinada a promoción do galego para poder manter o Servizo de Normalización Lingüística.

O Servizo de Normalización da Mancomunidade encargase de promover e planificar os programas de dinamización de lingua galega, ademais de asesorar aos concellos no seu uso diario.O departamento ofrece aos municipios un servizo de tradución e corrección ortográfica ademais de organizar actividades de promoción para distintos sectores da poboación. A celebración do Día de Rosalía ou o das Letras Galegas, cursos de lingua galega para estranxeiros ou máis avanzados para a obtención do CELGA, ou xincanas para escolares son algunhas de estas actividades.

A axuda solicitada é de 11.000 euros que se sumarán aos 12.000 concedidos no seu día pola Deputación da Coruña.

Un momento do pleno da Mancomunidade

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies