займ срочно

A Mancomunidade de Ordes aprobou o seu orzamento anual

0

Ordes, 7 de xullo do 2018 – O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes aprobou por unanimidade o seu orzamento, para o vixente ano,  que ascende a un total de 1.265.350 €.

Pleno de aprobación do orzamento anualO 45% de este orzamento irá destinado a gastos de persoal (21 persoas en total) e o 55% restante a gastos correntes. O ente supramunicipal seguirá brindándolle á cidadanía (36.700 habitantes) os servizos habituais, en especial os vinculados aos Servizos Sociais. Estes servizos de atención primaria están dirixidos ao conxunto da poboación da comarca e teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos e da Mancomunidade de Municipios.

Entre os ámbitos nos que se imparten están as persoas maiores, muller, inmigración, familia, infancia, mocidade, inclusión social, discapacidade e dependencia. Outros dos servizos da Mancomunidade de Ordes son: CIM, Atención Temperá, Animación sociocultural, Orientación laboral e emprego, Educación familiar e o Servizo de Normalización Lingüística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies